3 nov 2008

As palabras poderosas II

Durante a invención dunha historia, simplemente hai que introducir unha ou varias destas palabras no interior da súa gramática narrativa. Para conseguilo, en cada sesión de escritura na aula ofrecemos varias palabras poderosas. Os grupos de nenos utilizan as que consideran máis axeitadas para o seu conto, no que tamén poñen as fórmulas marabillosas necesarias.

Águia, formiga, mazá, ollo, baño, bóla, oso, árbore,
monte, mendigo, abella, lóstrego, flor, sangue, pan,
ponte, fonte, castelo, trono, dragón, escuridade,
xabarín, pedras preciosas, ovo, lagarto, unicornio,
pega, anxo, asno, curuxa, facha, falcón,
pluma, rocha, lume, peixes, á, río, ra, raposa, ganso,
xardín, ouro, grifón, galo, martelo, lebre, corazón,
bruxa, cervo, can, illas, virxe, gato,
rei, raíña, escala, lirio, león, Lúa, muíño, reiseñor, forno,
perla, porto, corvo, bandido, xigante, anel, rosa, sal,
sombra, andoriña, porco, espada,
prata, Sol, araña, estrelas, touro, cegoñas, pomba,
demo, torre, paxaro, carro, bosque, auga,
seres acuáticos, viño, lobo, ananos.

FONTE: Biedermann, H. (1996), Diccionario de símbolos, Barcelona, Paidós.

Pero con estas palabras poden empezar creando un título, pois tamén se poden nomear as cousas antes de que a realidade exista. Din que desa maneira naceu o universo: nomeáronse as partes e despois apareceu todo.... E hai libros enteiros que semellan o desenvolvemento dun bo título: unha longa viaxe submarina, as aventuras no país das marabillas, a busca dunha pedra filosofal, o lugar onde viven os monstros, etc.

En calquera caso, ao final os resultados sempre resultarán asombrosos...

Raquel Aparicio

Estas palabras poderosas son un dos accesorios máxicos para xogar a inventar e escribir historias. A práctica actual amosarase, pouco a pouco, no noso blog de aula Escola de Ismaíl.

Related Posts with Thumbnails