26 jun 2010

Momotaro, en StoryJumper

StoryJumper é unha ferramenta que está en inglés, como os demais recursos dous punto cero que vimos no post anterior. Pero igualmente podemos crear con facilidade unha historia, unha vez que nos rexistremos. Por certo, o rexistro que require este sitio é moi sinxelo. Así que en poucos minutos se pode empezar a utilizar, e entrar así no digital storytelling ou narrativa dixital.

Algunas das súas principais características:

  • En sete pasos guiados permite que calquera historia pase a un formato de tipo flash, achegando tanto as imaxes (props) coma algunhas sinxelas ferramentas de texto. Por tanto, permite a elaboración de libros dixitais.
  • Pero, ademais, permite subir outras imaxes dende o ordenador, e mesmo as retocar, co que se amplía o número de posibilidades de creación.
  • Ten unha faceta orientada ao mundo educativo e ao profesorado, xa que se pode rexistrar a aula, e por iso dispón dunha guía online (en inglés, claro) para favorecer a creatividade infantil. De todos os xeitos, presenta un inconveniente a ter en conta: non permite incrustar os nosos libros dixitais nun blog ou nunha páxina web. Pódense enviar por correo electrónico ou colocar algún enlace para que o poidan ler outros usuarios.

A pesar diso, tamén ten outra característica moi interesante: algunhas obras son públicas, de libre uso. Polo tanto, podemos modificalas segundo as nosas necesidades e gardalas coma se se tratase dun libro totalmente novo. Así fixen cun relato en lingua inglesa baseado nun conto popular do Xapón, Momotaro, que revisei e adaptei a partir desta versión. Agora podes coñecelo, se queres.

Momotaro

Cando en Educa con TIC tratamos as posibilidades da narrativa dixital, a nosa compañeira Olga Catasús enviounos unha historia elaborada con esta aplicación para a súa aula de educación infantil. Titúlase El pingüino fugado, e aproveitamos a ocasión para presentala en Contomundi.

24 jun 2010

Outras maneiras de contar: Showbeyond

Xa sabemos que a lectoescritura se transformou en multimedia, favorecida pola combinación da palabra escrita con imaxes, sons, vídeo, e mesmo código HTML. Na escola, esta realidade tamén é posible grazas á tecnoloxía da Web 2.0, que ofrece a calquera usuario a posibilidade de escribir e de subir contidos á Rede. Este post segue a outro anterior no que se falaba de tres aplicacións: Storybird, Mixbook e Panraven. Agora falaremos de Showbeyond.

Todas elas serven para desenvolver esa lectoescritura multimedia, de xeito gratuíto e sen necesidade de ter uns excesivos coñecementos informáticos. E tamén para aplicar a narrativa dixital ou dixital storytelling.

Despois do rexistro previo en Showbeyond, veremos que se trata dunha aplicación gratuíta, doada de usar e que serve para mostrar un traballo ou contar unha historia. Para evitar problemas, dispón dun bo material de axuda e información para o seu correcto emprego, pero en inglés, claro.

Características principais:

  • Pódese utilizar para presentar os contidos educativos de forma creativa. Por esa razón, facilita que o alumnado poida escribir, crear, editar e publicar as súas propias diapositivas ou historias. Nese caso, terán que dispoñer dunha dirección de correo electrónico para poder crear unha conta.
  • Admite texto e imaxes, que se poden descargar desde o ordenador, unha url, Picassa ou Flickr. Tamén permite a inclusión de sons e de música de fondo, e ademais pódese gardar o traballo mentres non estea finalizado. Unha vez que remata, decídese libremente se é público ou privado. Se se comparte, cópiase e pégase o correspondente código, como é habitual.
  • Entre os aspectos negativos, destaca o feito de que o número de imaxes está limitado a 24, e tamén son limitadas as opcións para escoller os fondos. Ao parecer, unha vez publicado o traballo, xa non se pode eliminar.

10 jun 2010

Os mundos virtuais de Shidonni

O mundo virtual Shidonni é unha rede baseada no entretemento educativo para nenos e nenas de 4 a 12 anos, máis ou menos. Os usuarios crean as súas propias mascotas, ás que deben coidar e atender o mellor que poidan. Pero ademais deben debuxar os seus propios mundos animados, é dicir, teñen que construír a súa historia. E desde o verán de 2009, este mundo virtual está en español, entre outros idiomas ademais do inglés.

Os nenos empezan debuxando unha mascota virtual, ou varias, se así o desexan. A continuación, buscan un nome axeitado e pulsando na tecla OK correspondente, a mascota cobrará vida, case como por arte de maxia. Unha vez que a mascota adquiriu esa presenza nun mundo virtual, haberá que deseñar e debuxar o lugar onde vive, e alimentala, limpala, conseguirlle amigos e facer que descanse. E moitas máis cousas aínda por descubrir e compartir.

A creatividade e os dotes artísticos dos nenos son un ingrediente básico neste mundo virtual. Así que é difícil que haxa dúas mascotas iguais, ou dous mundos imaxinarios iguais, nin sequera dúas historias coas mesmas características. Posto que, a diferenza doutros mundos virtuais existentes, aquí todo é ideado e creado polo usuario. É dicir, Shidonni (ver o seu blog) quere ser un lugar para que os nenos imaxinen, xoguen e aprendan.

Como na maioría de mundos virtuais e de xogos online, preséntanse dúas modalidades de uso: a gratuíta e a de pagamento. Coa inscrición gratuíta, logo de rexistro, o neno pode xogar coa mascota que idease e no seu propio planeta. E por suposto, pódese editar e cambiar o que un queira, entre outras posibilidades relacionadas.

A inscripción de pago, denominada Shidonni Pro, ofrece moitas máis opcións. Permite ir a un hospital ou clínica, debuxar roupa e crear algúns accesorios. Ademais, inclúe pinceis con patróns predeterminados, novas cores e fondos, divertidos selos, a posibilidade de que as mascotas viaxen por todo o mundo e, especialmente, a creación de orixinais contos multimedia.

8 jun 2010

Un cuento de la Tierra

Retomar el blog después de varias semanas de ausencia no es fácil. Nació con el pretexto de contar historias, de reflexionar sobre los cuentos del mundo. Pero, como sucede con otras bitácoras, su gran batalla no es la que libra contra monstruos marinos o animales legendarios.

La lucha de este blog es sobre todo contra el tiempo, aunque también contra una cierta sombra del poder. Aquella que rechaza el imaginario, aquella que racionaliza todo y a todos, aniquilando a la vez los sentimientos y los sueños. Tal vez a este blog le haya tocado defender un mundo que va a perderse. Como le sucedió en Australia al pueblo que imaginó esta historia…

EL FUEGO MÁGICO

En el Jukurrpa, un anciano y dos hombres acamparon en Warlukurlangu, el lugar del fuego. El anciano, llamado Lagarto de lengua azul, era un brujo poderoso. Hacía creer que era ciego para que sus dos hijos le trajeran carne. Pero una vez sus hijos estaban fuera, dejaba el campamento y cogía su propia comida, que no compartía con ellos. Se iba a cazar a Ngama, la cueva de la serpiente arco iris, de la que consiguió sus poderes mágicos. Pero un día los hijos accidentalmente mataron un canguro que solía hablar con Lagarto de lengua azul y contarle secretos. Sin saber que era sagrado para su padre, el anciano brujo, se lo dieron para que se lo comiera. Lagarto de lengua azul se enfadó tanto que invocó un fuego mágico y lo envió tras sus hijos. El fuego los perseguía adonde quiera que fueran, quemándolos. Cada noche se extinguía, pero todas las mañanas se encendía una y otra vez, conduciéndolos por todo el país de fuego. Finalmente, en el lago salado Ngarra, se hundieron, demasiado exhaustos como para ir más lejos, y murieron.

Related Posts with Thumbnails