12 may 2012

As posibilidades dos contos on line

Os contos, como os contos marabillosos ou de encantamento, contribúen en boa medida ao desenvolvemento da aprendizaxe infantil. Os nenos, nos primeiros tempos da lectura, recoñecen unha estrutura sinxela e constante, o esquema narrativo, que lles permite a clasificación das situacións e a tipificación dos personaxes. Ademais, tamén lles facilita a comprensión da súa propia lingua e a ampliación do seu vocabulario. Así, cada neno, no seu propio desenvolvemento escolar, utilizará como lector e como aprendiz de escritor estes coñecementos para entender e recordar as historias.

Para os nenos, os contos e as historias son ventás que se abren ao mundo exterior. Os contos populares, por exemplo, séguense contando moito tempo despois de xurdir. Con eles, o mundo exterior énchese de grandes aventuras, de fermosos príncipes e de princesas heroicas. Pero tamén contan con ogros e monstros cos que se debe loitar para lograr comprender a realidade que nos rodea.

Talvez a moderna sociedade dixital vez poida favorecer o éxito dos novos formatos do libro nas novas xeracións. Ou quizais algunhas cousas avanzan con tanta rapidez que non somos capaces de percibir os cambios que aveciñan. En cambio, as historias e os contos aínda continúan mantendo o seu lugar na imaxinación. Por iso, grazas a moitos sitios web interactivos, os contos para nenos teñen agora uns escenarios máis amplos que facilitan a difusión das súas historias. Da literatura clásica dos contos populares á ficción actual da Literatura Infantil e Xuvenil, os nenos deste tempo dispoñen de máis posibilidades para seleccionar e para ver, para ler e para escoitar contos de todas as cores e lugares. En definitiva, a lectura de contos on line é outra das posibilidades da lectoescritura multimedia.

Por exemplo:en Mil e unha historias, ao redor dos contos populares, lendas e mitos. Pero hai moitísimos máis…

As posibilidades da lectura dixital

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails