20 ene 2012

O caldeiro das historias

Para Tolkien, o caldeiro das historias non era máis que un proceso de cambios e transformacións dos contos marabillosos. Mediante ese proceso, os contos de encantamentos, ao longo dos anos, modificáronse nunha especie de caldeiro eterno con novos engadidos e aportacións, pero tamén con novas maneiras de relatar.

Xa dixemos, nun post anterior, como Albert Uderzo e René Goscinny tamén contaron as historias dun caldeiro antigo, que estivo nunha pequena aldea da Bretaña gala. E máis recentemente, o escritor Patrick Rotfuss referiu outra vez nunha das súas obras os poderes do caldeiro. Incluso o mesmo Eric S. Raymond, unha das figuras do Movemento do Open Source, ou software libre, titulou un dos seus libros co nome de O caldeiro máxico, ou The Magic Cauldron. É impresionante que alguén coma el utilice esta imaxe mítica para defender o uso dos programas libres.

Así que se debe contar que o caldeiro da bruxa Ceridwen tivo sempre novos usuarios, a pesar dos séculos e do paso do tempo. Talvez aínda non exista unha teoría dos caldeiros, como cheguei a insinuar, pero hai evidencias de que as historias resisten e volven a nacer con forza cada día.

Nani Lima e máis eu posuímos un caldeiro actualizado, que xa se inventou moitas historias de aventuras, como ben sabe Javier Monteagudo. Probou tamén a súa utilidade no mundo dixital, e os resultados foron positivos. Só queda por dicir que a música da presentación é de Balbarda, o grupo do amigo Javier.

Ceridwen e o caldeiro máxico

Preme aquí ou na imaxe para entrar no caldeiro das historias.

15 ene 2012

Selección de recursos narrativos

Estes son os nosos: contos do mundo, contos dos Irmáns Grimm, contos de Perrault, contos populares, mitos, fabulas, lendas universais, contos de Galicia, contos marabillosos e de encantamento, relatos audiovisuais interactivos, wikis e libros dixitais, webquest de contos... E tamén aplicacións online, da chamada Web 2.0, para o desenvolvemento da lectoescritura, para a narrativa dixital ou digital storytelling, para aprender coas novas tecnoloxías.

  • Contos populares, lendas e mitos: As historias do imaxinario colectivo loitan contra unha sombra moderna. Aquela que racionaliza todo e a todos, incluso os soños e os sentimentos...
  • A volta ao mundo en 80 contos: Sempre, desde os tempos remotos, contáronse historias. Algunhas delas convertéronse en narracións populares que chegaron ata os nosos días, como os contos que apareceron nunha experiencia de Educa con TIC. E agora, grazas ao gran traballo de Teresa Pombo, faremos que tamén estean en Google Earth.


Ver La vuelta al mundo en 80 cuentos en un mapa más grande

12 ene 2012

De la necesidad y la energía

Se nos anima a contar nuestra historia, a construir un personaje constante, y ahora a fijar también una identidad digital. Pero hay demasiados laberintos en la imaginación y muchas regiones extrañas llenas de emociones. En este tiempo de crisis, caótico en ocasiones, no se puede entrar en esos lugares sin poner en tela de juico tu propia cordura.

¿Podrá un robot soñar con el amor de una muñeca? No lo sé, aunque es cierto que cualquier historia, para sobrevivir, necesita sentir la energía del lector, del espectador o del oyente…

(vía El poder del mar)

Related Posts with Thumbnails