18 abr 2012

Sobre a vida

A Víctor Lozano Ferradás, in memoriam.

Un rei persa, a quen o pobo chamaba “o xusto”, viaxaba unha vez a través do seu reino. Nunha montaña bañada polo sol, viu un venerable ancián que coas costas dobradas traballaba. O rei achegouse e descubriu que o ancián estaba a plantar unha árbore.

-Que fas? -preguntou o rei.
-Planto nogueiras -respondeu o ancián.
-Ti, que es tan vello -admirouse o rei-, para que plantar unha planta cuxa follaxe non verás, a cuxa sombra non descansarás e cuxos froitos non comerás?

O ancián mirouno serenamente e contestou:

-Aqueles que nos precederon plantaron e nós puidemos obter as colleitas. Agora plantamos nós para que poidan recoller os que veñen detrás...

15 abr 2012

Grimm en Contomundi

Foi no ano 1812 cando os irmáns Grimm publicaron o primeiro volume de Contos para a infancia e o fogar. Por ese motivo, celébrase este ano o segundo centenario da súa edición, polo menos nos lugares onde eses contos deixaron a súa pegada.

En Contomundi, os contos populares nunca foron abandonados polos contidos máis tecnolóxicos. Pois se aquí se trata, sobre todo, dos contos populares, da educación e da cultua, e dos procesos de aprendizaxe mediante o uso das TIC (tecnoloxías da información). E as historias tamén forman parte dese mundo. E áchanse, mesmo, en ferramentas tan actuais como o iPad.

A contribución dos irmáns Grimm ao imaxinario popular e aos contos tradicionais é innegable. Na orixe das historias sempre estará a memoria do seu nome. Por iso, gústanos recoñecernos, mentres descubrimos de novo a Jacob e Wilhelm Grimm, nalgunhas entradas anteriores. Porque aquí temos xa falado, por exemplo, da Cincenta, da Carapuchiña e tamén de Polgariño

9 abr 2012

Imágenes del relato digital

¿Es cierto que Scherezade, la de Las mil y una noches, también está en la llamada Web 2.0? Otros aseguran que ahora sabe muchas más cosas que antes: escribir, publicar online, buscar fotos e imágenes, hacer presentaciones y vídeos, resolver mapas y geolocalizaciones, etc. Y dicen que sus recursos narrativos son tan espectaculares que las historias llegan a cualquier sitio, desde Madrid a Tombuctú. En esos recursos suenan palabras “mágicas” como Tar Heel Reader, TikaTok, Bookr, PicLits, Animated Book, Mixbook, Storybird, Panraven, Tag Galaxy, Flickr Related Tag Browser, Stripgenerator, Pixton, Kerpoof Studio, Bubblr, PhotoPeach, SlideFlickr, SlideBoom, Showbeyond… ¿Por qué?

Por esa razón, en Educa con TIC nos adentramos en los fundamentos de la narrativa digital. Y tratamos de ofrecer, siempre dentro de nuestras posibilidades, algunas ideas y ejemplos para proyectos de narración digital en diversos niveles educativos. En determinados casos, nos ayudaron las imágenes claras y las anotaciones eficaces de nuestro compañero Néstor Alonso. En otros, las palabras de Francisco Muñoz, Lucía Álvarez o Salvador Llopis nos proporcionaron las explicaciones necesarias para entender mejor la narración, digital o no, y los beneficios de su utilización en el aula.

Por otra parte, en diversos posts que ya publicamos se ofrecieron consejos e instrucciones para el uso de aplicaciones como ToonDoo, PhotoPeach o Google Maps, y de otras herramientas para la creación de relatos digitales. No se trata de probar todas las aplicaciones de narrativa digital, que por otra parte es imposible. Pero sí de aprender mediante la interactividad que nos ofrece la Red, ya que la forma narrativa clásica es esencialmente lineal. En la actualidad, las narrativas digitales han roto esa tradición. Y en las nuevas historias, la idea de lugar y de tiempo no es como en el espacio real. Y en estos artículos tenemos una pequeña muestra, con la ayuda de nuestros compañeros María Jesús Rodríguez, Francisco Muñoz, Lucía Álvarez o Bloggeando.

En nuestro caso, de la lista interminable de aplicaciones 2.0 para la narrativa digital sólo puedo citar algunas. Son las que más he probado, hasta ahora, por supuesto. Por último, vemos y escuchamos a Carmen Gregori, que analiza en este vídeo el relato digital desde una perspectiva socioeducativa. 

1 abr 2012

O mundo onde vivimos

O feito de contar unha historia fundaméntase, polo menos, en tres premisas básicas: a necesidade de comunicar, a creatividade como fonte de imaxinación, e, sobre todo, a esixencia de liberdade de expresión. A partir destas ideas, poderán as historias cambiar o mundo onde vivimos?

Related Posts with Thumbnails